Sarvangasana

A postura da vela (Sarvangasana) está considerada como a reina das posturas e aporta moitos beneficios. Para executala comezamos tumbados boca arriba (savasana). Despois subimos as pernas 90 grados e inclinámolas cara o peito. Espiramos e levantamos os glúteos e a espalda do chan. Ao levantar a espalda, dobramos os brazos e usamos as mans suxeitar o corpo (a altura da zona baixa da espalda). Respiramos. Presionamos tratando de enderezar a espalda tratando de enderezar a pernas e a espalda de forma que queden perpendicular ao chan. Agora sinalamos cara ao teito cos dedos dos pes e acercamos o peito ao queixo. Aguantamos así o que poidamos, ao principio so un pouco (xa iremos mellorando!). Baixamos cara adiante rodando despaciño.

Ten moitos beneficios, como mellorar a dixestión, o insonio, aliviar o estrés e a depresión e estimular a tiroides, entre outros.

Aínda que parece moi dificil, tedes que animarvos a facela! os Dorados, cada un según as súas posibilidades, execútana de marabilla!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario