PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CURSO 19/20


Para calquera dúbida ou cuestión que desexen resolver, 

o teléfono de contacto da escola é 666 596 890

MERENDA ARREPIANTE POLO SAMAÍN!!!

Este ano moita fame tivemos na Polveira polo Samaín, así que entre todas as bruxas, zombis, esqueletes e vampiros, decidimos facer unha merenda un pouco peculiar. O menú consistía en dedos, morcegos, cabazas, mouchos, arañas,... 
A verdade é que nos quedaron terroríficamente ricos!!!!!!!
Ben o puideron comprobar as nais e pais que nos acompañaron e que nos leron uns contos de medo! 
Moitas grazas!!!



ATENCIÓN AO PÚBLICO

Xa chegamos ao remate do curso, pero eu seguirei na escola no horario e datas que se recolle no seu taboleiro.
Senon podedes acudir nese horario chamade ao teléfono da escola ou mandade un correo.

Boas vacacións a todos!!

Formalizacion de matrícula na escola para oncurso 2018/19

Familias:
Dende o 20 ao 30 de xuño será o prazo para a formalización da matrícula dos nenos e nenas na escola para o curso escolar 2018 - 2019.
Teredes que cubrir o ANEXO III DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA  ou vir a recoller dito Anexo III-1 a escola.

Recórdovos que tamén teredes que traer a seguinte documentación:
 1. Fotocopia do DNI pais/titores.
 2. Fotocopia do libro de familia completo.
 3. Fotocopia do da tarxeta da Seguridade Social.
 4. Fotocopia das vacinas administradas.
 5. 2 fotos tamaño carnet.
 6.Outra documentación pertinente: sentenzas, convenios reguladores, informes médicos relevantes,.....

Ante calquera dúbida podedes falar comigo no horario que se recolle no taboleiro da escola ou por medio do correo electrónico ou do teléfono da escola.




Estamos rematando o proxecto do lobos e reflexionamos sobre a súa figura nos contos. O lobo é bo ou malo? En que contos é malo? Porque? 
Chegamos a conclusión de que non é malo, so é un animal, que "ten que comer, e por iso come aos animais". Tamén que aínda que nos contos o lobo as veces come persoas, iso non é certo, porque os lobos temen as persoas. 

Investigando regalos

Menuda sorpresa nos trouxo Irene. Nada máis e nada menos que un cogumelo xigante!
Co noso libro de cogumelos e uns guantes puxemos a investigar, e ata que atopamos o seu nome non paramos!
O que máis nos gustou foi ver como cambiaba dunha cor amarela-marrón a unha cor azul, cando a cortamos para vela por dentro.

Sabedes de que cogumelo se trata?


Hoxe cociñamos biscoito!

O biscoito mais esperado de todos fixémolo hoxe coa mamá de Diana. Imaxinades de que pode ser.... ?



De chocolate!!!
Moitas grazas por vir ata a escola a cociñar con nos Irene.

Non estamos!

Hoxe estamos de excursión!
Se necesitades poñervos en contacto coa escola chamade ao teléfono da escola 666596890

Día do Medioambiente

Ronda del árbol con pájaros

Esto es un árbol -se levanta
de la tierra hacia el aire y canta
con hojas y ramas y flores
cantos de luces y colores.

En él los pájaros sus nidos
colman de vuelos y latidos
que al aire llevan las canciones
de semillas y de pichones

Esto es la vida: un árbol lindo
- zapote, mango o tamarindo -
que lanza al aire, al mundo, al cielo
canciones - pájaros en vuelo.


Recollido da web: Bibliopoemes.blogspot.com
Fai uns días o papá de Laura veunos leer un conto moi interesante... Fixádevos na cara de atención!
Pasárono moi ben con el, e aprendemos cousas tan importantes como que debemos de creer en nós mesmos.


Moitas grazas por vir á escola!

Non só na escola!


Se queredes facer un pouco de ioga na casa, neste video sobre con técnicas para a relaxación teredes pautas sobre a execución das asanas de forma moi clara e divertidas para os máis peques.

Animádevos?

Barriñas

Hoxe fixemos barriñas coma as que traen os Dorados os venres a escola.
Foron moi sinxelas de facer e admiten moitas variacións! As nosas levaban copos torrados de avena, sementes variadas, cereixas  (que están de temporada) e amorodos, mel, canela, coco, chocolate e vainilla, pero podedes botarlle o que queirades e que mais vos guste, como froitos secos, siropes, millo,  ....