Facendo pócemas



Para a noite do Samaín os Dorados crearon un conxuro entre todos para acompañar unha pócema para conseguir facer desaparecer e aparecer cousas.

Tanto o conxuro como a pócema foi inventada por todo o grupo, demostrando moita creatividade!

Dámoslle as grazas a bruxa boa que nos prestou o seu caldeiro!


Continuamos co ioga



A postura da árbore (vrksasana) fundaméntase en apoiar un pé no chan, o cal será a raíz da nosa árbore, e os brazos,  que serán as nosas ramas, estirados por enrriba da cabeza (ou facendo namasté a altura do corazón). 

Todas as árbores son igual de bonitas, non importa como as fagamos, así que animádevos papás e mamás!




Que nos da medo?


Os Dorados conversaron e debuxaron aquilo que lles daba medo, sempre cunha actitude de respeto de cara os demais, xa que non a todos nos dan medo as mesmas cousas.
Na clase iremos investigando sobre os diferentes medos, facendo xogos, debuxos, representacións con títeres, lendo contos...

E vos a que lle tedes medo?

Na aula xa hai recunchos que dan moito medo...


No Samaín comemos cabazas




A cabaza é o froito propio do Samaín.

Son moi coñecidas polos nenos que fan debuxos sobre elas, decóranas, salen nos debuxos, nas películas.... Sen embargo, a que saben?, a que ulen?, son doces ou amargas?, a súa carne é blanda, dura? Qué se come delas? ...... Os Dorados descubriron esto é moito máis na receta desta semana na que elaboramos unhas magdalenas de cabaza.

A mamá de Lara cociña con nos!



A mamá de Lara trouxo unha receta coas castañas, froita de outono. Quedou moi orixinal!
Moitas grazas Diana, esperamos que volvas pronto!

De excursión

Hoxe os Dorados foron de excursión a Santiago a ver aos monicreques. Pasáronno xenial!.
Gracias mamás pola vosa axuda.

Puntos e liñas

Entre todos fixeron unha composición inspirandose en varias obras de Wassily Kandinsky, empregando liñas e puntos. Nos vos parece que quedou xenial?
E como todos os artistas lle poñen nome ás súas obras, Os dorados chamáronlle a súa "Elsacanterina".

Desta forma remata o noso día...


NOVA RECETA

Seguimos a traballar as froitas do outono, esta vez con unha recetas de magdalenas de mazá.