Visitas na escola

Esta semana veunos leer un conto Ana a escola.
Foi un placer terte con nos e esperamos que volvas!!


Houbo neve na escola

Con toda a neve que había hoxe na escola aproveitamos para salir e xogar con ela.



Recetas doutros países. Kenia

Hoxe fixemos samosas de Kenia, unha receta cun nome moi divertido e con unha elaboración un pouco máis dificil do habitual.
A pesar diso saiu moi ben, como podedes ver nas feitas por Lara.

Celebrando o entroido

Despois de moito traballo por parte dos nen@s aquí tedes o resultado dos disfraces de masai (cultura que andamos a investigar).
Fumos ata o CPI de Viaño Pequeno para celebrar o entroido  con eles e divertímonos moito!


Botamos de menos as masais que non puideron ir pero como sorpresa atopamos outra masai no cpi !!

Comidas do mundo

Empezamos a descubrir algunhas cousas de África centrandonos en algo que lles encanta aos Dorados...  o chocolate!!!  Descubrimos a súa orixe e a súa transformación ata ser o chocolate que vemos nas nosas casas.
Empregando este ingrediente e o coco fixemos unhas piruletas.