RESERVA DE PRAZA CURSO 2018/2019

Estimados pais/nais/titores legais.

Para solicitar a reserva de praza para o curso 2018 - 2019 no centro adscrito CPI de Viaño Pequeño o prazo será do 1 ao 15 de febreiro de 2018.
Poderedes cumprimentar as solicitudes de reserva de praza de xeito manual ou a través da aplicación admisionalumnado  no menú seguinte:
Solicitudes – Solicitudes de reserva – Crear solicitude de reserva
Esta solicitude deberase presentar aquí, na escola, ou en calquera das administracións públicas competentes, incuíndose por primeira vez este ano a SEDE ELECTRÓNICA.
IMPORTANTE!!!:Modificada esta entrada do blog co novo impreso publicado hoxe.  O modelo modificado xa consta na aplicación admisionalumnado, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia e na propia web da Consellería.

Que queremos saber?

Despedímonos dos saamis e viaxamos en avión (co noso pasaporte en man) a África para coñecer aos Masais.
Comezamos, como sempre,  anotando as dúbidas ou cuestións que nos gustaría saber sobre eles.

O noso pobo Saami

Aquí queda o noso asentamento saami, ao que lle incluimos as tendas, os renos, a neves, os samis coa sua vestimenta e a neve.

Pronto comezamos con outro pobo...

Dia da Paz

Hoxe celebramos no colexio  o día da paz, reflexionando que é a paz e que non é,  e coa elaboración de aneis da paz coa profe Cruz de relixión.
A continuación mostramos un vídeo no que recollemos as conclusións ás que chegamos no debate. É importante decir, que despois da grabacion do vídeo, outras conclusións foron:
-Facerlle dano aos  animais non é paz (Aleixo).
-Non berrar é paz, non podemos discutir (Lara).


O yoik do vento

O yoik é un canto do pobo saamis.  Un canto que non sempre ten letra e que se dedica a persoas, animais, cousas... Esto último é o mais antigo, o dedicado aos espíritos da natureza.
Aqui vos deixo un que escoitamos na aula e que aos Dorados lles pareceu moi fermoso.


Contacontos

Hoxe Isa veu ao colexio a leernos o conto do Coelliño branco,un conto que lles encanta a todos, como se pode ver nas súas cariñas.

Moitas grazas Isa por vir a visitarnos, esperamos que volvas!


Visitas de expertos



Hoxe tivemos a visita de David, o papá de Aleixo para responder as dúbidas dos Dorados sobre as nosas castañas( e tamén algunhas dúbidas sobre arañas) . Aprendemos moito sobre a xerminación e pasámolo xenial!

Grazas por vir e esperamos que volvas!!! 

Recetas de Suecia


Continuamos con recetas do mundo. Hoxe e grazas a axuda da profe Andrea fixemos pasteis de Carelia, un pan con arroz que require poucos ingredientes pero está moi rico!

Aurora boreal

Investigando

Hoxe investigamos cos materiais variados as dúbidas que nos están xurdindo... Os samis comen lobos, tiburóns e orcas? Levan neve en camións? Cómo se lavan?, que animais viven en Suecia?,...

Comidas do mundo (1)

Hoxe preparamos blåbärssoppa no colexio, unha comida que se emprega en suiza e serve para entrar en calor. Sabedes cales son os seus ingredientes? A ver se podedes adiviñar algún con esta foto.... 

Temos novo mestre!



Aquí vos deixo este recurso para que o intentedes na casa cos Dorados un pouco de ioga baixo as intruccións do gato gurú, o noso novo amigo e mestre.

Namasté!

Ola inverno!

Tras varios días de traballo xa terminamos o mural sobre o inverno que colgaremos na aula. O lugar aínda está por decidir.

Ah! No mural incluimos a xeada, as nubes de choiva, as cores frías.... Como '' pistas'' que temos de que chegou o inverno. Que mais se vos ocorren a vos? Contade!

Nevou?

Temos a mala sorte de queen Trazo non neva. Pero isto non é un problema e os propios Dorados cociñaron hoxe trufas de neve (coco) e outras de terra (cacao).