Chega a primavera

A nosa aula está cambiando. Chega a primavera, pero en Trazo parece que soamente de forma astrolóxica porque por fora so temos chuvia e frío  Por iso tocanos a nos traer a primavera inspirándonos na artista Rebecca Law.

Familias lectoras

Tivemos a visita de David para ler na escola o conto do Grúfalo.
Decir que lles gustou e dicir pouco!!! Moitas grazas por vir e esperamos que volvas outra vez.

Explorando tés do mundo

Posto que estamos a descubrir tradicións de diferentes culturas do mundo esta semana probamos a facer té na escola.
Para poder facelo pedimoslle axuda a Mistelanea que nos ofreceu non soamente té da China, senón de outros países do mundo.
Os nenos puideron ver, saborear,  ulir e comparar os diferentes tés (aptos para os mais pequenos). Foi toda unaha experiencia!!!

Recursos

Estamos recibindo,  coma sempre, moitos recursos que Os Dorados empregan como fontes de información sobre o proxecto.

Moitas grazas pola vosa colaboración e implicación!

Este video sobre os números é un recurso que nos mandou Diana e que resultou moi interesante.

Facendo sushi de froitas

Versionamos un pouquiño o sushi (orixinario de China) na escola, faceendoo con froitas variadas como cereixa, piña, .. Foi moi divertido!

Iniciativa do Concello de Trazo


Acuarelas e nomes en chino

Estiveron moi concentrados nunha actividade que consistía na reproducción do sue nome en chino.  Todo o esforzo e concentración vese en traballos como este. Si que amosan moita creatividade!


Palillos

Cos palillos chinos estivemos a xogar. Xogo que nos permite coñecer outras culturas, pero tamén a coordinación e psicomotricidade fina.
Parece que  todos Os Dorados teñen boa maña con eles!


Taller de acuarelas

Esta semana viu a abuela de Laura a realizar un taller de acuarelas, para facer os nosos escudos de masais. Vedes que coloridos quedaron?

Moitas grazas por vir!!

Receitas do mundo

Nijao!

Esta semana preparamos unhas galletas da fortuna, unha excusa máis para desenvolver a lectoescritura, entre outros aspectos do currículo.
Escolleron e escribiron os desexos eles mesmos e elaboraron, coma sempre a receita.


Seguimos viaxando...

Continuamos co noso proxecto, agora no país coa seguinte bandeira,.... sabedes cal é?


                                                                            ........

8 de marzo

Libres e iguais. 


Despedímonos de África

Co noso pequeno poboado masai e a continuación do noso mural despedímos de África, para darlle a benvida a unha nova etnia que dentro de pouco descubriremos.....