Featival de Nadal

Tras moitos ensaios hoxe fumos ao cole dos maiores, ao CPI de Viaño Pequeno, para cantar a nosa paixoliña.
Foi unha experiencia moi divertida! Ademais, todos o fixeron xenial!!!

Que ilusión!

Que ilusión!  Que nervios!
Hoxe os Dorados tiñan unha visita moi, moi importante, de feito, casi non se falaba de outra cousa dende hai uns días...  E é que hoxe viñeron os pajes dos Reis Magos!!!!
Os nenos e nenas entregaron con emoción  as cartas escritas por eles e cambio recibiron un pouco de maxia e algún agasallo pola parte destes pajes.

Somos un equipo


Ás veces necesitamos axuda, e pouco a pouco apredemos a pedila. No colexio sempre hai alguén disposto axudar!

Dúbidas

Ás veces, aparecen palabras descoñecidas nos contos que lemos, polo que para saber o seu significado unha opción é a de recurrir ao dicionario da aula.

"Grafiti de lá" (yarn bombing)

O arte urbano de Magda Sayed gustoulle moito os Dorados, e tras ver algunhas fotografías puxéronse mans a obra para crear as súas propias.

Contacontos



    







Comparto dúas fotos que xa fai tempo deberían estar no blog, desculpade pola tardanza!
Son unhas fotos de dous momentos que os Dorados viveron con moita ilusión e que esperamos que continúen ao longo de todo o curso.

Dúas mamás, a mamá de Aleixo e a mamá de Lara (con Lara como unha gran axudante) viñeron ao colexio para leer un conto aos Dorados neste  primeiro trimestre.

Moitas grazas mamás!

Mazapáns de Nadal



Hoxe tivemos unha clase de cociña moi especial, xa que a mamá de Laura ensinoulles a facer mazapán!!
Encantoulles facer a receta pero sobre todo facer as formas dos doces. Ademais, marcharon moi contentos coa bolsiña diseñada para eles pola mamá desta Dorada e que eles mesmos decoraron

Moitas grazas e esperamos que volvas outra vez !!!

Recortes




"Pódese facer arte coas tesoiras?",  "Iso é pintura ou escultura?"....

Os Dorados experimentan empregando diferentes instrumentos e técnicas plásticas que desenvolven a súa creatividade e a psicomotricidade facéndose preguntas e respetando as produccións dos demais.

Henri Matisse ou "ese señor que non se cansa nunca de recortar" (como eles e elas lle chaman) sírvenos de inspiración cos seus recortes, mentras se devirten e xogan.

Castañas



As castañas que prantamos fai unhas semanas xa comezan a crecer, pero a ritmos distintos. Toca ter paciencia, esperar e seguir coidandoas con moito agarimo.