Cociñamos

Cociñamos esta semana con unha receta de flan de Diana. Ademais, tivemos moita sorte e non soamente fixemos o flan, senón que tamén preparamos un rico batido de froitas (plátanos, amorodos, mazás, melocotóns, ...) seguindo coas froitas e verduras como fío condutor de todas as recetas.
Coma sempre todos participamos medindo os ingredientes, mesturando, ... E probando!

Moitas grazas por vir a cociñar con nos e compartir as túas recetas!!! 

Chega o sol!

Celebramos a chegada do bo tempo con unha merenda e xogos no patio. Oxalá se manteña así!!

Un LIM das estacións

Comparto con vós este recurso LIM sobre as estacións. Clicade aquí para abrilo!

Para máis recursos coma este podedes consultar a web http://www.educalim.com .

Non todos os lobos son feroces


Crecen, crecen

Prantamos fai pouco unhas sementes para observar e rexistrar o proceso de xerminación con diferentes especies. Todos os días nos atopamos con unha sorpresa!

Comezamos!!!

Gracias a todos os vídeos, fotos, debuxos e libros que nos estades a mandar os Dorados xa comezaron a investigación sobre os Lobos, o noso proxecto para este último trimestre. 
Xa estamos aprendendo e rexistrando moitas cousas e apenas levamos uns días!

Ioga. Trikonasana

Xa facía tempo que non subo ao blogue algunha das asanas que executamos nas sesións de ioga. Isto é por dous motivos. O primeiro, e que non sempre facemos asanas, senón que introducimos outras actividades e xogos. O segundo e que non sempre se pode sacar unha foto.
Sen mais voltas,  Noa presentamos trikonasana, ou a cometa, como nos lle chamamos.  Con esta asana estiramos os lados do corpo e fortalecemos os músculos. É un pouco complicada realizala, pois hai que seguir uns pasos, pero imos mellorando pouco a pouco como podedes ver na foto.


Toca pizza!

Continuamos a descubrir nas sesions de cociña as partes das plantas que podemos comer. Así, esta semana, tocou facer unha pizza con productos vexetais.
Foi moi divertido amasar e ver como crecían as mini pizzas no forno!

Información para o novo alumnado

Xa temos no taboleiro da escola o listado provisional de alumnado admitido para o curso 2018 - 2019.

Temos un novo amigo!

En colaboración coa obra social '' la Caixa'' e o seu programa de hábitos saudables temos un novo amigo na escola. Coidaremos moito del e seguro que aprenderemos moito!

A primavera

Seguimos con actividades para a vivenciación da primavera ao longo da semana. Buscamos a primavera en diferentes artistas  ( pintura impresionista, arte contemporánea,  poemas...), a creación propia de composicións sobre o tema,  a través de xogos de expresión corporal, de lóxica-matemática, lectoescritura e a sesión de cociña semanal.
A través da lectura do conto Ainda Nada?,  de Kalandraka,  continuamos aprendendo o proceso de xerminación que iniciamos con Diego. A lectura a complementamos con actividades de lectoescritura e experimentacion, concretamente coa plantación de diferentes sementes (fabas, lentellas, garbanzos...) en algodón, e que ademais comparamos,  describimos, clasificamos atendendo a diferentes características....




Que comemos dunha planta?

A sesión de cociña desta semana e as seguintes deste trimestre,  estivo centrada nunha pregunta que se lle fixo aos dorados. Que comemos dunha planta? Para esto tivemos que coñecer as súas partes e reflexionar se algunha vez comemos algo que se lle asemelle. Descubrimos que comemos moito máis do que pensábamos e para algún deles foi sorprendente.

Para recoller todo o novo que aprendimos fixemos un mural no que pegamos recortes de revistas de mercados as partes das plantas que comemos (follas, raíces...).

E despois fixemos a receta empregando sementes. A receta foi unhas tortillas de chicharos e millo, que resultaron moi ricas!