MERENDA ARREPIANTE POLO SAMAÍN!!!

Este ano moita fame tivemos na Polveira polo Samaín, así que entre todas as bruxas, zombis, esqueletes e vampiros, decidimos facer unha merenda un pouco peculiar. O menú consistía en dedos, morcegos, cabazas, mouchos, arañas,... 
A verdade é que nos quedaron terroríficamente ricos!!!!!!!
Ben o puideron comprobar as nais e pais que nos acompañaron e que nos leron uns contos de medo! 
Moitas grazas!!!