Non só na escola!


Se queredes facer un pouco de ioga na casa, neste video sobre con técnicas para a relaxación teredes pautas sobre a execución das asanas de forma moi clara e divertidas para os máis peques.

Animádevos?

Barriñas

Hoxe fixemos barriñas coma as que traen os Dorados os venres a escola.
Foron moi sinxelas de facer e admiten moitas variacións! As nosas levaban copos torrados de avena, sementes variadas, cereixas  (que están de temporada) e amorodos, mel, canela, coco, chocolate e vainilla, pero podedes botarlle o que queirades e que mais vos guste, como froitos secos, siropes, millo,  ....


Observando

Aproveitamos calquera momento para observar o noso entorno e descubrir cousas novas.
O libro "As Aves" é un imprescindible na hora do recreo

O biscoito misterioso

Lendo o conto de carapuchiña vermella preguntámonos cal era o biscoito que lle levaba a súa avoa, polo que hoxe fixemos o biscoito que creiamos que podía ter nese cesto. Un biscoito de mazá con canela.

Ata fixemos os cestos! Aínda que podían decoralos de forma libre a maioría dos Dorados incluíu elementos como os fíos ou as letras presentes na obra "Un cachiño de bica?" (de María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano nas letras galegas) que acababamos de ler.


Pegadas sospeitosas no monte

Lara encontrou unhas plumas indo de paseo e unhas "pegadas sospeitosas" ... Eran de lobo, raposo ou de can?
Estivemos investigando en contos da biblioteca e nos ordenadores. E creemos que atopamos a resposta entre todos do que puido pasar e de quen eran esas pegadas.

A nosa semana do libro

A semana do libro estivo chea de actividades! Bea, veu a leer o conto Voy a comedte! aos Dorados, elaboramos uns marcapáxinas moi graciosos, e comezamos o noso libro de poemas de lobos, entre outras actividades. 



Vai de nísperos

Esta semana pasada fixemos tartaletas de nísperos! Moitos non coñecían este froito de temporada, polo que observamos, exploramos cos sentidos (a que ule, a que sabe, como é...) e o comparamos con outras froitas que xa coñecemos. Tamén observamos e comparamos as súas sementes con outras que temos na escola no recuncho da natureza.

Comeza a función!

Hoxe aproveitando o bo tempo que facía saimos a fora a facer un teatro cos persoaxes de Os tres porquiños, o conto da semana. Tivemos que elaborar e ter enconta varios elementos, coma o ambiente, elaborar os títeres, a audiencia, ...todo isto de forma individual, o que deu lugar a grandes diferenzas creativas nas súas produccións.