Xogos de rol


Todavía é pronto para que chegue o Apalpador, pero hoxe tivemos a visita dunha apalpadora que comprobou as nosas barrigas.... Terá algún Dorado castañas agochadas nas súas casas despois desta visita?

O Nadal xa está cerca




Hoxe estivemos cociñando algo moi especial con motivo da chegada próxima do Nadal..... Turrón!! Fixo falta moita forza de vontade para non comer o chocolate mentras o estabamos facendo, pero mereceu a pena vendo o resultado, a que si?

Estudo das cores


Inspirándose na obra de  Rosa Carpentieri cada Dorado fixo unha composición empregando as cores primarias, o negro e o branco.


Experimentando coa fotografía



Os Dorados están explorando diferentes tipos de arte, entre os que se atopa a fotografía. Vimos  algúns exemplos a través de diferentes sorportes (na nosa biblioteca, no rincón do proxecto,  coa PDI,...) visitounos unha fotografa á que lle fixeron moitas preguntas,..... en fin que xa lles tocaba a eles, non?

Aquí está un exemplo elaborado por Laura (a fotógrafa) e Antía (a modelo) empregando elementos naturais para a súa composición. Demostran moita creatividade na súa producción e un moi bo traballo!

Sarvangasana

A postura da vela (Sarvangasana) está considerada como a reina das posturas e aporta moitos beneficios. Para executala comezamos tumbados boca arriba (savasana). Despois subimos as pernas 90 grados e inclinámolas cara o peito. Espiramos e levantamos os glúteos e a espalda do chan. Ao levantar a espalda, dobramos os brazos e usamos as mans suxeitar o corpo (a altura da zona baixa da espalda). Respiramos. Presionamos tratando de enderezar a espalda tratando de enderezar a pernas e a espalda de forma que queden perpendicular ao chan. Agora sinalamos cara ao teito cos dedos dos pes e acercamos o peito ao queixo. Aguantamos así o que poidamos, ao principio so un pouco (xa iremos mellorando!). Baixamos cara adiante rodando despaciño.

Ten moitos beneficios, como mellorar a dixestión, o insonio, aliviar o estrés e a depresión e estimular a tiroides, entre outros.

Aínda que parece moi dificil, tedes que animarvos a facela! os Dorados, cada un según as súas posibilidades, execútana de marabilla!!

Inicios felices e divertidos

 

Na aula traballamos a lectoescritura dende unha forma lúdica e práctica, escribindo pócemas, as receitas semanais,  cartas, rexeistrando as enrtadas e saídas dos contos e lectura dos mesmos, a través de actividaes plásticas e motrices.... sempre respetando as etapas e as características de cada un dos Dorados.

Marjaryasana



Na postura do gato (Marjaryasana) imítanse (como podedes ver) os movementos dun gato através desta relaxación que fomenta a respiración profunda.
Para executala correctamente sentamos en vajrasana, adelantamos o tronco ata poñernos a catro patas coas mans separadas coa anchura dos hombros e os xeonllos coa anchura das cadeiras. Agora espiramos, arqueamos a espalda e baixamos a cabeza levando o queixo ao peito despacio e con pausa. Despois, inspiramos  mentras arqueamos a espalda e levantamos a cabeza para mirar cara arriba. espiramos para volver a unha espalda convexa e baixamos a cabeza. Continuamos con varias repeticións.
Se vos é incomoda nas pernas empregade unha esterilla como fan os Dorados ou unha toalla!

Con esta asana aportamos beneficios como o fortalecemento e flexibilidade da espalda e zona pélvica e centra a mente.


Dhanurasana, postura do arco




A postura do arco (Dhanurasana) o corpo adopta a forma dun arco. Os brazos engánchanse nos nocellos formando un arco.
Para executala hai que seguir os seguintes pasos:
Primeiro,  tumbarse boca abaixo con brazos xunto ao tronco e a frente apoiada no chan.
Segundo, inspirar dobrando as pernas hacia atrás e agarrando os nocellos fortemente coas mans (se non chegades como Os Dorados podedes agarrar os pés!). Expira.
Por último, inspira e levanta ao mesmo tempo a cabeza, o peito e os muslos. Respira profundamente. Expira para soltar as pernas e descansa en balasana.

Mantén a asana o tempo que te sintas cómodo con ela

Pan de plátano e noces




Os Dorados fixeron hoxe outra receta con froitos secos, neste caso coas noces, pero tamén con plátanos un dos seus froitos favoritos.


Resultou unha boa técnica para liberarse de tensións e enfados xa que todos eles tiveron que esmagar os plátanos que leva este pan.

Todo un traballo de equipo, coma sempre que inclúe rutinas de hixiene (lavar as mans antes de manipular a comida, limpar a zona de traballo e útilies de cociña despois...) e a preparación da receita. Fundamental o traballo da nena/o que rexitra ese día a receta para poder facela máis adiante nas vosas casas!!