Marjaryasana



Na postura do gato (Marjaryasana) imítanse (como podedes ver) os movementos dun gato através desta relaxación que fomenta a respiración profunda.
Para executala correctamente sentamos en vajrasana, adelantamos o tronco ata poñernos a catro patas coas mans separadas coa anchura dos hombros e os xeonllos coa anchura das cadeiras. Agora espiramos, arqueamos a espalda e baixamos a cabeza levando o queixo ao peito despacio e con pausa. Despois, inspiramos  mentras arqueamos a espalda e levantamos a cabeza para mirar cara arriba. espiramos para volver a unha espalda convexa e baixamos a cabeza. Continuamos con varias repeticións.
Se vos é incomoda nas pernas empregade unha esterilla como fan os Dorados ou unha toalla!

Con esta asana aportamos beneficios como o fortalecemento e flexibilidade da espalda e zona pélvica e centra a mente.


Ningún comentario:

Publicar un comentario